A quinta da Carmiña

A quinta da Carmiña Medio informativo das actividades do Centro Social Ocupado Autoxestionado A quinta da Carmiña.

Xentiña que fai cousiñas!! Aprobeitade os locais sociais da cidade! 🖤
08/10/2019

Xentiña que fai cousiñas!! Aprobeitade os locais sociais da cidade! 🖤

18/09/2019

MALAS NOVAS!!

RESIDUOS TÓXICOS NA RÚA DO CARME

Chegóu o día, e este venres 20 de setembro ,o CSOA A Quinta da Carmiña, pechará as súas portas, non por decisión propia, se non por orde xudicial, xa que o propietario do inmoble okupado, o banco malo, a SAREB, decidiu que é preferible arruinar o espazo a que a xente se asocie libremente pra xestionalo.

Ese banco malo, a SAREB (Sociedad de Gestión de Activos procedentes de la Reestructuración Bancaria), estivo capitalizado, no seu momento, polo estado, é dicir, polos impostos de tod@s (tod@s pagamos impostos cando mercamos, traballamos, obtemos licencias…) pra que os bancos e os seus xestores, os banqueiros, se puideran desfacer de activos tóxicos, que é como adoitan chamar os economistas, aos inmobles de difícil venda e que só producen pra o propietario perxuizos económicos.

Así pois, a xustiza sentenciou que un propietario debe ter a propiedade efectiva dun inmoble que cataloga coma tóxico, no canto de ser xestionado por un grupo heteroxéneo de persoas que lle estaban a dar uso ao mesmo, coa intención de dinamizar social e culturalmente unha zona na que o tecido social comeza a desaparecer polo envellecemento da poboación do barrio e o urbanismo colindante. É dicir, a xustiza di que un banco de titularidade semi-pública, con diñeiro de tod@s, pode deixar caer a cachos unha edificación de fináis do s. XIX, pode deixar medrar a vexetación do solar ate que afecte veciñ@s, pode ser un enorme niño de ratas, por ser propietario legal, aínda que non queira facer nada co espazo, xa que non hai solicitude de licencia de ningún tipo para este inmoble por parte da SAREB. Pero non pode sequir sendo utilizado pra facer obradoiros, coloquios, obras de teatro, concertos , ensaios e aulas de distintas disciplinas, todo de forma gratuita, por persoas asociadas sen ánimo de lucro que entregan parte do seu termpo de lecer a promoveren actividades culturáis xunt@s. E todo isto, a pesares da prioridade que a Constitución Española (e prácticamente todas as constitucións europeas) outorga ao carácter social de toda propiedade privada, en especial, da vivenda.

Polo tanto, aínda que a Constitución recolle a necesidade de darlle un uso social e racional á propiedade, aínda que o centro social nunca quixo posuir a propiedade, se non darlle uso, aínda que a SAREB vai tratar o inmoble coma un activo tóxico e non coma un espazo cheo de posibilidades, aínda que non quixeron negociar en ningún momento unha solución pactada, aínda que van deixar arruinar a casa e o terreo… o sistema (falamos do sistema impersoalmente porque estamos seguros de que ningunha persoa razonable tomaría esta mesma decisión) decidiu desaloxar o espazo, polo que o CSOA A Quinta da Carmiña abrirá hoxe mércores 18 de setembro do 2019 por derradeira vez.

O Desaloxo está previsto pra o venres día 20 ás 11 de mañan, polo que recomendamos-vos que pasedes a esa hora polas proximidades do centro social, para lembrar-lles aos poderosos que temos voz!!!

Tras do desaloxo, quedarán sete anos de posta en común de ideas, de debates políticos e culturáis, de creatividade, de palestras, de exposicións, de teatro, de música en vivo, de actuacións de toda índole e estilo, dende punk a jazz, dende elecrónica experimental a batucadas,. Sete anos nos que nos visitaron artistas e poñentes (amig@s) de Chile, Brasil, Arxentina, Italia, Francia, Portugal, Suiza, Suecia, Gran Bretaña, Polonia… e dende todos os rincóns do territorio estatal. Sete anos de xente aportando ideas, experiencias… sete anos partillando… sete anos de xente indo e vindo.

Pero pra desgracia de xente coma os banquieros, estes sete anos non serán desaproveitados. Esas relacións sociáis que se teceron, xa non se poden destecer e aqueles que estivemos, e estamos implicados no proxecto, non vamos quedar nas nosas respectivas casas a chorar. Sabemos desintoxicar espazos, así que teremos que adicarnos ao que sabemos facer. Alí onde haxa un activo tóxico en forma de solar, haberá un desintoxicador sen ánimo de lucro que o desintoxique.

A Carmiña non era santa, nin beata, mais o seu espírito elevarase entre nós pra guiarnos cara próximas actuacións. Que a forza da Carmiña nos acompañe!!!

Os nosos máis profundos agradecementeos e cariño para todas as persoas que teñan participado dalgún xeito neste proxecto!!! SAÚDE!!!

UN DESALOXO, OUTRA OKUPACIÓN!!!!

Segunda-Feira (Luns) 2 de Setembro às 20h Cacerolada diante do MARCO para que a voz dxs presxs saia dos muros e se escui...
02/09/2019

Segunda-Feira (Luns) 2 de Setembro às 20h Cacerolada diante do MARCO para que a voz dxs presxs saia dos muros e se escuite bem alto!
A partir do 1 de Setembro começa a polo Colectivo em coordenaçom com os grupos de apoio, reivindicando a tabela dos 14 pontos, em especial os P.2 "Excarceraçom presxs com enfermidades graves e doenças incurábeis " e P.13 "Aboliçom da Cadeia Perpétua Encoberta e Prisom Permanente Revisíbel". Inicia 1ª Quenda (do 1 ao 10 de Setembro) Toni Chavero, preso no C.P Madrid VII em Estremera. Direitos para todas!! Abaixo os Muros das Prisons!!
Máis info: Tokata www.tokata.info
Desde Dentro desdedentro.noblogs.org

Xa chegou o día!! Hoxe ás 18:00h  na quinta da Carminha!!
31/08/2019

Xa chegou o día!! Hoxe ás 18:00h na quinta da Carminha!!

Na quinta da Carminha vimos de participar nas Olimpiadas Populares Galegas e ainda hoxe estamos escaralladas e cheias de...
10/07/2019

Na quinta da Carminha vimos de participar nas Olimpiadas Populares Galegas e ainda hoxe estamos escaralladas e cheias de dores pero cunha felicidade que non nos cabe no corpo. Moitisimas grazas a organización e a todas as compas que pasaron con nos unha finde diferente e chea de vivenzas inolvidables. Esperamos participar o ano que ven e revalidar o noso titulo de campeonas de BRILÉ. 🤣🤣
Moitisimas grazas!!
Saúde

Outra festa GRATIS para tod@s este SABADO 22, as 21:DIOIVO + ULTRAXE + INOPIACaña daquí, da nosa, da galiza rebelde para...
20/06/2019

Outra festa GRATIS para tod@s este SABADO 22, as 21:

DIOIVO + ULTRAXE + INOPIA

Caña daquí, da nosa, da galiza rebelde para tod@s vos!

Con malabares de lume e queimada todo DE BALDE e, por se fose pouco, filloas veganas da casa!

O sábado, as 21, vinde disfrutar dunha boa festa nun espazo liberado, a QUINTA da CARMINHA!

Gústache pintar?? Pois todolos nercores ven a facer o que máis che gusta!!
17/06/2019

Gústache pintar?? Pois todolos nercores ven a facer o que máis che gusta!!

Ante as montaxes policiais, respondemos!!
16/06/2019

Ante as montaxes policiais, respondemos!!

Dirección

Rúa Do Carme Nº 1
Vigo

Horario de Apertura

Lunes 17:00 - 21:00
Martes 17:00 - 21:00
Miércoles 17:00 - 21:00
Jueves 17:00 - 21:00
Viernes 17:00 - 21:00

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando A quinta da Carmiña publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a A quinta da Carmiña:

Compartir