Subvenziona

Subvenziona Gestión y tramitación de ayudas y subvenciones para proyectos empresariales y particulares. Desarr

AXUDAS DO PROGRAMA INDUSTRIA DO FUTURO 4.0Axudas da Axencia Galega de Innovación  que ten por obxectivo o fomento do inv...
22/07/2016

AXUDAS DO PROGRAMA INDUSTRIA DO FUTURO 4.0
Axudas da Axencia Galega de Innovación que ten por obxectivo o fomento do investimento privado para o financiamento da innovación a través do apoio a grandes proxectos empresariais de I+D de carácter estratéxico para o tecido industrial galego, centrados no desenvolvemento de tecnoloxías industriais clave para conseguir un modelo produtivo innovador. Estes proxectos deberán estar en liña coas tendencias internacionais da fábrica do futuro, fábrica intelixente e da industria 4.0 e aliñados coa RIS3 Galicia.

Son actividades subvencionables a investigación industrial e o desenvolvemento experimental.Axudas do Programa industria do Futuro 4.0Axudas do Programa industria do Futuro 4.0

O procedemento de concesión destas axudas, que serán subvencións, tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

AYUDAS TRANSFORMACIÓN PRODUCTOS FORESTALES La Xunta de Galicia convoca subvenciones para realizar inversiones en empresa...
01/06/2016

AYUDAS TRANSFORMACIÓN PRODUCTOS FORESTALES
La Xunta de Galicia convoca subvenciones para realizar inversiones en empresas que se dediquen a la primera transformación de productos forestales.

Subvención: Entre el 25% y 35% de la inversión.

Plazo solicitud: Un mes desde convocatoria DOG.

Tramitación e información: [email protected]

SUBVENCIÓN RENOVACIÓN VENTANAS.Concesión de axudas por parte da Consellería de Economía e Industria destinadas á rehabil...
20/05/2016

SUBVENCIÓN RENOVACIÓN VENTANAS.
Concesión de axudas por parte da Consellería de Economía e Industria destinadas á rehabilitación dos ocos acristalados da fachada, tanto no referente ao acristalamento como aos marcos ou perfís, co fin de acadar melloras significativas na demanda enerxética do edificio e os conseguintes aforros en termos económicos.

O Plan rematará o día 30 de setembro de 2016.

A concesión destas axudas estará en todo caso condicionada á existencia de crédito orzamentario e, no caso de esgotamento do crédito, a Administración deberá publicar no Diario Oficial de Galicia, e tamén na páxina web da DXEM a dita circunstancia, o que suporá a non admisión das solicitudes posteriores.

Actuacións, gastos subvencionables e contía das axudas.

1. Será subvencionable a renovación de fiestras que formen parte da envolvente térmica do edificio pola compra de novas fiestras que cumpran coas seguintes especificacións técnicas:

- Dispor de marcaxe CE conforme a norma UNE EN 14351-1:2006.

- Exixencias mínimas de eficiencia enerxética:

a) Opción A: carpintaría de madeira ou PVC e acristalamento que cumpra algún dos seguintes requisitos:
a.1. Dobre acristalamento con cámara de 12 mm ou superior para vidros normais.
a.2. Dobre acristalamento con cámara de 6 mm ou superior e con cristal baixo emisivo (con emisividade menor ou igual a 0,1).

b) Opción B: carpintaría metálica con rotura de ponte térmica de 12 mm ou superior con dobre acristalamento con cámara de 6 mm ou superior e con acristalamento baixo emisivo (con emisividade menor ou igual a 0,1).

En todo caso, a instalación destas carpintarías deberán cumprir coa exixencia mínima establecida no Código técnico da edificación que corresponda e segundo o disposto na Orden FOM/1635/2013, do 10 de setembro, pola que se actualiza o documento básico DB-HE «Aforro de enerxía», do Código técnico da edificación, aprobado por Real decreto 314/2006, do 17 de marzo.

A renovación consistirá na substitución dunha fiestra existente por outra de igual ou inferior tamaño.

Será subvencionable a colocación dunha nova fiestra paralela á existente (dobre fiestra), sempre e cando esta nova fiestra satisfaga os requisitos enerxéticos citados.

Tamén será subvencionable a renovación de portas que separen estancias calefactadas do exterior, sempre e cando cumpran coas especificacións técnicas deste artigo e teñan marco por todo o perímetro.

Considéranse custos subvencionables a retirada das fiestras existentes, a fabricación das novas fiestras e a súa instalación, sempre e cando veña detallado na factura.

Non son subvencionables:
- Os cerramentos acristalados que se instalen coa finalidade de pechar ambientes exteriores (terrazas e/ou tendedeiros), por non tratarse dunha renovación senón de modificacións na envolvente da vivenda.
- Ocos acristalados non situados na fachada como, por exemplo, as fiestras tipo velux.
- As fiestras que estean nas particións interiores das vivendas (fiestras interiores, fiestras de cuartos de baño interiores, ...), é dicir, aquelas que non separan estancias calefactadas do exterior.

En ningún caso serán subvencionables os gastos relativos a actuacións que xa foran obxecto de subvención nas anteriores campañas do «Plan renove de fiestras».

Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionable.

Non se considerarán subvencionables:
- Os gastos e custos financeiros que sexan consecuencia do investimento.
- Os gastos realizados en bens usados.

Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados entre o día seguinte da reserva de fondos e o derradeiro día do prazo de xustificación.

2. O IVE (imposto sobre o valor engadido) será subvencionable para os particulares, entidades sen ánimo de lucro e administracións públicas, para o cal será necesario realizar unha declaración responsable (opción establecida na solicitude-anexo III) en que se indique que o obxecto da subvención non se dedica nin se adscribe a ningunha actividade empresarial ou profesional ou, no caso de ser Administración pública, que non pode repercutir o IVE.

3. A contía da axuda ascenderá a un máximo de 100 €/m2 de oco, cuns límites de 3.000 € por vivenda unifamiliar/piso. Para o caso de comunidades de propietarios ou edificios de vivendas, a axuda máxima será de 3.000 € por vivenda unifamiliar/piso, co máximo de 50.000 € por edificio.

En calquera caso, a cantidade da subvención non poderá ser superior ao 25 % do custo total da obra.

Soamente se admitirá unha solicitude de axuda por solicitante e unha única actuación por solicitude.

4. En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado.

Beneficiarios:

Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas propietarias ou titulares de calquera dereito sobre inmobles do sector residencial e comunidades ou mancomunidades de veciños, sempre que a actuación subvencionable descrita no artigo 3 se realice en vivendas sitas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas físicas nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.

Os beneficiarios obríganse a facilitar canta información lles sexa requirida pola DXEM no exercicio das súas funcións de fiscalización do destino das axudas.

Requisitos:

Son obrigas dos beneficiarios, sen prexuízo do disposto no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as seguintes:
a) As descritas no artigo 6, letras a), b), c) e d), obrigas comúns ás entidades colaboradoras.
b) Realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamente a concesión da subvención.
c) Proporcionarlle á entidade colaboradora todos os documentos necesarios para poder tramitar as axudas establecidas nestas bases, así como acreditar os requisitos ou condicións que determinen a concesión da axuda, no prazo sinalado na convocatoria ou, excepcionalmente, o que se sinale na resolución, cando esta sexa consecuencia da estimación dun recurso.
d) Acreditar ante a entidade colaboradora, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión, así como antes das correspondentes propostas de pagamento, que está ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, no caso de non autorizar a súa consulta.
e) Realizar o pagamento das facturas emitidas pola entidade colaboradora antes da data de xustificación establecida no artigo 20. O pagamento corresponderá ao investimento total da renovación descontando a axuda outorgada pola CEI. Este pagamento debe estar debidamente xustificado mediante xustificante bancario, tal e como establece o artigo 20.3 destas bases.
f) Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, para o contrato menor o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, preste ou subministren ou agás que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude de subvención.
A elección entre as ofertas presentadas, que haberá de achegarse coa solicitude de subvención, realizarase conforme criterios de eficiencia y economía, e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.
g) Executar as actuacións que fundamenten a concesión da subvención, así como colaborar e achegar a documentación á entidade colaboradora.
h) Xustificar, no prazo establecido no artigo 20, o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización das actuacións e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute da subvención.
i) Someterse ás actuacións de comprobación que serán efectuadas polo órgano concedente, así como a calquera outra actuación de comprobación e control financeiro que podan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o cal achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
j) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
k) Conservar os documentos xustificativos da aplicación de fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
l) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

AXUDAS LIBROS TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. Convocatoria de axudas para adquisicón de libros de texto, participación no fond...
18/05/2016

AXUDAS LIBROS TEXTO E MATERIAL ESCOLAR.

Convocatoria de axudas para adquisicón de libros de texto, participación no fondo solidario e material escolar para os cursos de educación primaria e ESO.

Obxeto:
a) A participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP e en 1º e 3º de ESO. (Cursos en que, necesariamente, se manterán os libros de texto do curso 2015/16.)

b) A convocatoria de axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, en 2º e 4º de ESO, e en educación especial.

c) A convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

Asignación de libros e contía das axudas:

1. A asignación de libros de texto correspondentes aos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de EP, e 1º e 3º de ESO, que estean dispoñibles no fondo solidario do centro, efectuarase por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias.

2. A contía da axuda para adquirir libros de texto de 1º e 2º de EP, de 2º e 4º de ESO e para alumnado de EE será a seguinte:

a) Para o alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros:

EP (1º e 2º): 170 euros.

ESO (2º e 4º): 180 euros.

b) Para o alumnado con renda per cápita familiar superior a 5.400 euros e igual ou inferior a 9.000 euros:

EP (1º e 2º): 90 euros.

ESO (2º e 4º): 104 euros.

c) Para o alumnado matriculado en EE, en centros específicos ou en unidades de EE de centros ordinarios, ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, a contía das axudas será de 250 euros con independencia da renda per cápita da unidade familiar.

3. A contía da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado en EP, ESO e EE con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros será de 50 euros.

Prazo de solicitude: Finaliza o 23 de xuño de 2016

AMPLIACIÓN PLAZO SUBVENCIÓN ARTESANÍASe amplia el plazo hasta el 31 de mayo para presentar las solicitudes de subvencion...
12/05/2016

AMPLIACIÓN PLAZO SUBVENCIÓN ARTESANÍA
Se amplia el plazo hasta el 31 de mayo para presentar las solicitudes de subvenciones para el fomento de la comercialización de la artesanía gallega.

SUBVENCIÓN PARA REHABILITACIÓN DE VIVENDAS RURALES. Subvencións a fondo perdido para o remate de fachadas e cubertas, re...
27/04/2016

SUBVENCIÓN PARA REHABILITACIÓN DE VIVENDAS RURALES.

Subvencións a fondo perdido para o remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos Camiños de Santiago.

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas promotoras das actuacións que cumpran os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e, ademais, conten coa resolución de cualificación definitiva de data anterior á mencionada no punto cuarto desta resolución.
2. Así mesmo, poderán ser persoas beneficiarias aquelas que, estando en posesión da cédula de rehabilitación de calidade, non a solicitasen nos catro anos inmediatamente anteriores á data de presentación da súa solicitude de subvención ou que, téndoa presentado nese período, rematase o seu procedemento sen obter subvención por esgotamento do crédito establecido na convocatoria.

Finalidade
Esta resolución ten por obxecto convocar para a anualidade de 2016, a través dun procedemento de concorrencia non competitiva, subvencións a fondo perdido para as persoas promotoras de actuacións de remate de fachadas e cubertas, así como de rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos Camiños de Santiago.

Orzamento

A contía máxima de cada subvención será de 6.600 € na modalidade de remate de fachadas e rehabilitación e a cantidade de 8.600 € na modalidade de reconstrución de edificios e vivendas.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 28 de maio de 2016.

Tramitación e información: [email protected] (616141996)

SUBVENCIÓNS COLABORACIÓN EMPRESAS TURISTICASSubvencións á cooperación entre pequenos operadores turísticos para organiza...
12/04/2016

SUBVENCIÓNS COLABORACIÓN EMPRESAS TURISTICAS

Subvencións á cooperación entre pequenos operadores turísticos para organizar procesos de traballo conxunto e compartir instalacións e recursos, así como para o desenvolvemento e a comercialización do turismo,

Beneficiarias

Empresas do sector turístico de Galicia que se agrupen para colaborar e que estean inscritas, conforme estableza a normativa turística, no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia.

Obxecto

Fomento da cooperación entre pequenos operadores turísticos para colaborar na organización de procesos de traballo conxuntos e compartir recursos de cara ao desenvolvemento e á comercialización do turismo.

Os proxectos subvencionables consistirán no deseño, creación, promoción e comercialización de produtos turísticos de Galicia.

Os produtos turísticos terán carácter innovador e deberán axustarse a algunha das liñas temáticas seguintes:

a) Produtos cabeceira de marca de Galicia.

– Camiño de Santiago.

– Bosques de Galicia (natureza).

– Mananciais de Galicia (termalismo).

– Paseando entre viñedos (enogastronomía).

– Turismo mariñeiro.

– Ruta das camelias (xardíns de Galicia).

– Faros e praias salvaxes.

– Patrimonio oculto.

– Santuarios máxicos.

b) Produtos destinados á creación de oferta de turismo familiar.

c) Produtos destinados á creación de oferta para o turismo senior.

d) Produtos destinados á xeración dunha oferta distintiva que se acomode ao concepto «que facer en Galicia cando chove».

e) Produtos innovadores e de descubrimento de novos nichos de mercado.

f) Creación de rutas turísticas innovadoras.

g) Produtos construídos baixo a idea da cultura celta de Galicia.

h) Produtos baseados na creación de fins de semana, pontes ou outros períodos temporais de carácter temático.

Prazo de presentación de solicitudes: 12/05/2016

Prazo de xustificación da subvención: 1 de outubro de 2016.

Tramitación e información: [email protected] (616141996)

SUBVENCIÓNS ARTESANÍASubvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do ...
12/04/2016

SUBVENCIÓNS ARTESANÍA

Subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán.

Beneficiarios

Titulares de obradoiros artesanais que figuren inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

Asociacións profesionais e empresariais de artesáns de Galicia.

Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia que organicen feiras de artesanía.

Obxecto

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto o fomento e a comercialización da artesanía galega para actuacións realizadas desde o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro de 2016, coa excepción dos gastos efectuados no ano 2015 exixidos para a participación en eventos expositivos do ano 2016 e, se for o caso, os gastos efectivamente realizados e pagados das feiras que teñan lugar entre o 1 de novembro e o 31 de decembro de 2016.

Considéranse actuacións subvencionables:

Para titulares de obradoiros artesáns:

A participación como expositor en feiras profesionais nacionais ou realizadas no estranxeiro en que non se efectúa venda directa con retirada de mercadoría.

A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento, cun máximo de 2.000 euros de subvención por certame, impostos excluídos.

A participación como expositor en feiras non profesionais de artesanía, fóra do ámbito da Comunidade Autónoma galega, que se realicen nos mercados nacionais ou internacionais.

A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento superior a 500 euros, cun máximo de 900 euros de subvención por certame, impostos excluídos.

A participación como expositor en accións comerciais emerxentes de carácter temporal e presentación de produtos en pop ups, corners e showrooms.

A porcentaxe subvencinable acadará o 50 % do investimento superior a 500 euros, cun máximo de 900 euros de subvención por actuación, impostos excluídos.

O importe máximo de subvención, para o conxunto de todas as actuacións subvencionables, non poderá superar os 7.000 euros, IVE excluído.

Para concellos:

Feiras monográficas cuxo obxectivo sexa a venda e posta en valor de produtos dun mesmo oficio tradicional, cun número mínimo de 15 edicións, incluída a edición en curso. A porcentaxe subvencianable acadará o 80 % do investimento cun máximo de 15.000 euros de subvención por feira.

Feiras non monográficas de distintos oficios cun número mínimo de 5 edicións, incluída a edición en curso. O importe máximo de subvención será de 3.000 euros por feira se conta cun mínimo dun 80 % de expositores de produtos artesanais inscritos na sección segunda do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia (obradoiros artesáns). Para as que non acaden o 80 % dos expositores mencionados, o importe máximo de subvención será de 1.500 euros por feira.

O importe máximo de subvención para o conxunto de todas as actuacións subvencionables non poderá ser superior aos 15.000 euros.

Para asociacións profesionais e empresariais de artesáns:

Organización de feiras de artesanía no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia de distintos oficios cun número de 15 edicións, incluída a edición en curso, e que conten cun mínimo de 80 % de expositores de produtos artesanais inscritos na sección segunda do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia (obradoiros artesáns).

A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento cun máximo de 15.000 euros de subvención por certame.

O importe máximo de subvención para o conxunto de todas as actuacións subvencionables non poderá superar os 30.000 euros.

Participación como expositor en feiras profesionais nacionais ou realizadas no estranxeiro en que non se efectúa venda directa con retirada de mercadoría.

A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento, cun máximo de 7.000 euros de subvención por feira.

O importe máximo de subvención para o conxunto de todas as actuacións subvencionables non poderá ser superior aos 15.000 euros.

Prazo de presentación de solicitudes: 13/05/2016

Tramitación e información: [email protected] (616141996)

Subvencións a proxectos de investimento en actividades non agrícolas no medio rural.Beneficiarios:a) Pequenas empresas.b...
07/04/2016

Subvencións a proxectos de investimento en actividades non agrícolas no medio rural.

Beneficiarios:

a) Pequenas empresas.

b) Persoas físicas que residan nunha zona rural.

c) Titulares ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.

Obxecto:

Apoio á creación e desenvolvemento de actividades económicas viables non agrícolas, ben ampliando o abano de actividades desenvolvidas no marco das explotacións agrarias ben mediante a creación, ampliación e modernización das unidades de produción no medio rural.

Bases reguladoras:

Resolución do 17 de marzo de 2016 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións a proxectos de investimento en actividades non agrícolas, cofinanciadas co Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2016.

Prazo de presentación das solicitudes:

Finaliza o 7 de maio de 2016.

Sexto. Outros datos

A concesión das axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

Os proxectos subvencionados recibirán unha porcentaxe de axuda do 45 % dos gastos subvencionables.

05/04/2016

La décima edición de los Premios Emprendedor XXI, impulsados por "la Caixa" y el Ministerio de Industria, Energía y Turismo a través de Enisa, ha abierto el p

Financiación para pymes
04/04/2016

Financiación para pymes

El ICO y el Banco de Desarrollo del Consejo de Europa (CEB) han firmado hoy un préstamo de 300 euros para ayudar a la financiación de los autónomos y pequeñas y medianas empresas españolas. El ICO aportará una cantidad igual a la puesta por el CEB, de modo que la operación supondrá un estímulo de 60…

01/04/2016

Bono Social: descuento del 25% sobre el precio regulado de la luz

El Bono Social se trata de un descuento fijado por el Gobierno del 25% sobre el Precio Voluntario al Pequeño Consumidor (PVPC, antigua TUR, cuyo precio cambia cada hora) que pretende proteger a los hogares con menos posibilidades económicas. Los requisitos para la aplicación del Bono Social son limitados y muchos consumidores igualmente vulnerables quedan fuera del mismo. Aún así, entre aquellos que cumplen con las condiciones para acceder al bono, son muy pocos los que lo solicitan, principalmente, por desconocimiento del mismo. Destacar que no existe un equivalente en el gas natural, a pesar de que la Unión Europea recomendó establecer uno.

¿QUIÉN PUEDE BENEFICIARSE?

El Bono Social se aplica automáticamente a los hogares que tienen contratada una potencia inferior a los 3kW. Adicionalmente, lo pueden solicitar los consumidores que tengan potencias inferiores o iguales a 10kW siempre que cumplan con los siguientes requisitos: ser pensionista con 60 años o más que reciba una pensión mínima por jubilación, incapacidad permanente, viudedad o sea beneficiario de una pensión no contributiva de jubilación e invalidez; formar parte de una familia numerosa; o ser una familia con todos sus miembros en situación de desempleo.

Según datos de la Comisión Nacional de los Mercados y la Competencia (CNMC) publicados en marzo, en octubre de 2014 había un total de 2.470.452 consumidores acogidos al Bono Social, con el que se beneficiaban de un 25% de descuento sobre el el Precio Voluntario al Pequeño Consumidor (PVPC). Un 41,69% del total de ciudadanos que pueden solicitarlo y que se estima en casi 6 millones. Especialmente baja es la cifra de los que tienen contratado el Bono Social con todos sus miembros en paro, un escaso 3,17% de los más de un millón y medio de familias que pueden acogerse. ¿A qué se debe que más de la mitad de los que podrían contratarlo no lo hagan? Principalmente al desconocimiento de la existencia de este descuento.

¿CÓMO SE SOLICITA?

Como parte de un descuento sobre el PVPC, sólo existen cinco compañías autorizadas por el Estado para comercializarlo: Endesa Energía XXI, S.L.; Iberdrola Comercialización de Último Recurso, S.A.U.; Gas Natural S.U.R SDG, S.A.; EDP Comercializadora de Último Recurso. S.A. Y E.ON Comercialización de Último Recurso, S.L. Aparte de estas cinco empresas, no hay ninguna más que pueda ofrecer el Bono Social.

El consumidor que quiera beneficiarse del bono deberá solicitarlo a su comercializadora de referencia, por correo postal o correo electrónico, a través de los formularios disponibles en la página de la CNMC y de las páginas webs de las compañías eléctricas, y siempre demostrando su condición de beneficiario. Así, se deberá adjuntar fotocopias del carné de familia numerosa, fotocopias del certificado acreditativo de la condición de pensionista o la autorización expresa para comprobar los datos relativos a la condición de desempleados en los registros públicos; entre otros.

Si se produce una modificación de las condiciones de los consumidores que puedan suponer la pérdida del derecho al Bono Social, existe la obligación de comunicarlo a la empresa comercializadora. Si no se pone en conocimiento y la empresa se entera de este cambio de situación, pueden aplicar una penalización igual al recálculo de las facturas en las que no se cumplían las condiciones del Bono Social, aplicando los precios de la tarifa PVPC sin el descuento y sumando un recargo de un 10% por factura.

UN MERO PARCHE

El Bono Social supone un parche bastante ineficiente ante el fenómeno de la 'pobreza energética' y que deja fuera a muchos consumidores que son igualmente vulnerables pero que no cumplen con los estrictos requisitos para acceder a este descuento. Recordar que esta ayuda no existe para el gas natural, a pesar que desde las asociaciones de consumidores y la Unión Europea se haya pedido establecer uno para aliviar la situación de los consumidores que cada vez destinan más de su presupuesto para los gastos energéticos.

Dirección

Orense
32004

Teléfono

616141993

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Subvenziona publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Subvenziona:

Compartir