Concello de Monforte de Lemos

Cómo llegar Página web

Concello de Monforte de Lemos Monforte, cidade monumental e de servizos ¿Sabía que o chamado Escorial de Galicia está en Monforte?

Esta é unha das moitas sorpresas que lle agardan aquí, porque Monforte é unha cidade con importantes monumentos, museos e centros de interese, ademáis de hoteis, restaurantes, taperías, tendas e lugares para relaxarse despois dun día de excursións. Aquí encontrará tamén con facilidade, servizos que pode precisar durante as súas vacacións: bancos, hospital, farmacias, librarías, cine, tren, autobuses, etc. Ademais Monforte é a capital da Ribeira Sacra, un paraíso no interior de Galicia que merece a pena descubrir.

📢 O CONCELLO PUBLICA A LISTAXE DEFINITIVA DO PROGRAMA ACTIVA 2026-2027 E ABRE UN PRAZO EXTRAORDINARIO PARA CUBRIR AS PRA...
15/10/2026

📢 O CONCELLO PUBLICA A LISTAXE DEFINITIVA DO PROGRAMA ACTIVA 2026-2027 E ABRE UN PRAZO EXTRAORDINARIO PARA CUBRIR AS PRAZAS VACANTES

📅 Do 19 ao 23 de outubro, as persoas interesadas poderán solicitar as prazas que queden dispoñibles nas distintas actividades.

📍 As solicitudes deberán formalizarse na Secretaría dos Servizos Sociais, exclusivamente no modelo establecido. Alí tamén se poderá consultar a información sobre as vacantes.

ℹ️ A listaxe definitiva de participantes e persoas en lista de agarda pode consultarse na páxina web do Concello de Monforte de Lemos.

👥 O Programa Activa está dirixido especialmente ás persoas maiores de 55 anos e promove o envellecemento activo, o benestar, a convivencia e as relacións interxeracionais.

💜 Todas as actividades son gratuítas para os veciños e veciñas de Monforte, xa que están subvencionadas ao 100 % polo Concello.

👉 https://www.monfortedelemos.es/gl/novas/2026/listaxe-definitiva-agarda-participantes-programa-activa-concello-monforte

🏗️ O Alcalde José Tomé anuncia a licitación do primeiro Plan Xeral de Ordenación Municipal de Monforte, "o documento mái...
15/10/2026

🏗️ O Alcalde José Tomé anuncia a licitación do primeiro Plan Xeral de Ordenación Municipal de Monforte, "o documento máis importante para o Concello desde hai máis de 40 anos"

O rexedor avanzou este xoves en rolda de prensa que o Equipo de Goberno levará ao pleno do vindeiro 26 de outubro a aprobación da licitación para contratar a redacción do PXOM, un compromiso adquirido coa veciñanza de Monforte e incluído no seu programa electoral.

✅ Os pregos técnicos e administrativos xa están redactados.

💶 O concurso público terá un orzamento de 859.100 euros, IVE incluído, e contará cunha partida de 150.000 euros para a primeira anualidade dos traballos.

📍 O futuro PXOM permitirá:
▪️ Actualizar as normas urbanísticas á legalidade vixente.
▪️ Recoller a evolución da cidade e do medio rural.
▪️ Planificar o crecemento ordenado de Monforte.
▪️ Deseñar o futuro dos núcleos urbanos e rurais.
▪️ Ordenar o potencial industrial do municipio e favorecer o seu desenvolvemento económico e social.

O documento estruturarase en seis fases, cun prazo estimado de elaboración de cinco anos, aos que haberá que engadir o tempo necesario para os informes das distintas administracións.

🗣️ José Tomé destacou a importancia deste paso para o futuro do municipio e a necesidade de contar cunha planificación urbanística actualizada, coa colaboración dos veciños e veciñas e das administracións implicadas.

👉 https://www.monfortedelemos.es/gl/novas/2026/alcalde-licitacion-primeiro-plan-xeral-ordenacion-municipal-pxom-monforte-desde-40-anos

🧹 O Alcalde destaca a eficiencia do servizo municipal de limpeza do Concello de Monforte, cun balance de 7.550 toneladas...
14/10/2026

🧹 O Alcalde destaca a eficiencia do servizo municipal de limpeza do Concello de Monforte, cun balance de 7.550 toneladas de residuos recollidas en 2025, distribuídas en cinco fraccións: resto, papel e cartón, vidro, envases e materia orgánica.

♻️ Así foi a recollida de residuos:

🗑️ Resto: 6.680 toneladas

📦 Papel e cartón: 310,4 toneladas

🍾 Vidro: 281,8 toneladas

🟡 Envases mesturados: 208,9 toneladas

🌱 Materia orgánica: 75,5

O Alcalde, José Tomé, destaca a importancia da colaboración cidadá e agradece a crecente concienciación dos monfortinos e monfortinas coa separación selectiva dos residuos.

💬 “Manter unha cidade limpa é unha tarefa compartida. Desde o Concello seguimos traballando para ofrecer un servizo eficiente, que responda ás necesidades do municipio e que contribúa a manter as rúas e os espazos públicos limpos e coidados", engade o rexedor.

📷 Imaxe de arquivo
👉
https://www.monfortedelemos.es/gl/novas/2026/alcalde-monforte-eficiencia-servizo-municipal-limpeza-balance-7550-toneladas-recollidas-2025

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, presidiu este mércores a toma de posesión como funcionarios de dous novos policía...
14/10/2026

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, presidiu este mércores a toma de posesión como funcionarios de dous novos policías municipais que pasan a formar parte do cadro de persoal do Concello de Monforte de Lemos, na categoría de axente de Policía Local, grupo C1.

✅ Esta incorporación prodúcese unha vez finalizado o período de formación teórico-práctica que os novos axentes realizaron na Academia Galega de Seguridade Pública de A Estrada e na cidade de Monforte.

📍 Concretamente, esta formación desenvolveuse de xaneiro a xuño do presente ano na citada Academia, e de xullo a setembro no Concello de Monforte.

O pasado venres, 9 de outubro, o rexedor monfortino asistiu na Academia da Estrada ao acto de finalización do curso da 18 Promoción de Policías dos Corpos da Policía Local de Galicia, da que forman parte os dous novos axentes 👮‍♂️🚓

🙌🏻 No mesmo acto, no que se entregaron Condecoracións ao Persoal destes Corpos, o Inspector xefe da Policía Local de Monforte, Miguel Martínez, recibiu un recoñecemento aos seus 35 anos de servizo.

👉 https://www.monfortedelemos.es/gl/novas/2026/alcalde-preside-toma-posesion-novos-policias-locais-concello-monforte

O Concello de Monforte informa á veciñanza que está aberto o prazo de inscrición na Escola Municipal de Danza para o cur...
14/10/2026

O Concello de Monforte informa á veciñanza que está aberto o prazo de inscrición na Escola Municipal de Danza para o curso 2026-2027 🩰

📆 O curso dará comezo o vindeiro venres, 16 de outubro de 2026, e as actividades impartiranse no Centro Cívico, no Paseo do Malecón s/n.

📍 Para realizar a inscrición, as persoas interesadas deberán tramitar a solicitude a través da oficina de Rexistro do Concello ou na Sede Electrónica.

Especialidades que se ofertan:
• Ballet clásico (a partir de 5 anos)
• Danza Contemporánea (a partir de 10 anos)
• Hip Hop (a partir de 10 anos)

👉 https://www.monfortedelemos.es/gl/novas/2026/aberto-prazo-inscricion-escola-municipal-danza-2026-2027

☕ O Alcalde informa da adxudicación da cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela A Xunta de Goberno Local acordou hoxe...
14/10/2026

☕ O Alcalde informa da adxudicación da cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela

A Xunta de Goberno Local acordou hoxe adxudicar a concesión deste servizo, que comezará a funcionar nos próximos días, previsiblemente a finais de outubro ou principios de novembro, unha vez formalizado o contrato.

📍 O establecemento, cunha superficie de 105 m², dará servizo ás persoas usuarias da Piscina Municipal e do Pavillón Polideportivo.

🏟️ A cafetería dá servizo ao Complexo Deportivo de A Pinguela, que foi profundamente remodelado coa reforma integral do Pavillón Polideportivo no 2023 e da Piscina, inaugurada en outubro de 2025.

✅ Ambas infraestruturas suman unha inversión de 6 millóns de euros dirixida a renovar estas instalacións deportivas “creando un complexo deportivo único, eficiente e moderno”, indica o Alcalde.

🗣️ "Son moitas as persoas usuarias que utilizan diariamente estas instalacións e queremos ofrecer un servizo de calidade", indica o rexedor.

👉 https://www.monfortedelemos.es/gl/novas/2026/alcalde-monforte-adxudicacion-servizo-cafeteria-complexo-deportivo-pinguela

📣 O Concello de Monforte informa de que, unha vez finalizada a fase de presentación de alegacións ao proxecto de constru...
13/10/2026

📣 O Concello de Monforte informa de que, unha vez finalizada a fase de presentación de alegacións ao proxecto de construción da Ponte de Ferro sobre o río Cabe no Malecón, ábrese o proceso de análise das mesmas por parte dos técnicos.

En total, entraron por Rexistro 569 alegacións. 562 referidas ao contido do proxecto, e 7 a temas de tramitación.

Clasificadas por tipoloxía, son as seguintes:

📍 REFERIDAS AO PROXECTO:
• Modelo tipo presentado polo BNG: 286 alegacións.
• Modelo tipo presentado por Esperta Monforte: 10 alegacións.
• Modelo co mesmo texto que as presentadas por Esperta Monforte, sen o logo de Esperta: 5 alegacións.
• Modelo tipo presentado por Salvemos o Malecón: 232 alegacións.
• Modelo tipo presentado por un particular: 19 alegacións.
• Modelo tipo presentado por outro particular: 5 alegacións.
• Modelos individualizados diferenciados: 5 alegacións.

✅ En resumo, 11 textos de alegación diferenciados.

📍 REFERIDAS Á TRAMITACIÓN:
• Modelo tipo referido á ampliación do prazo de alegacións, sen referencias aos aspectos do proxecto: 7 alegacións.

Visitas realizadas ao Concello para a consulta presencial do proxecto: 6 persoas.

👉
https://www.monfortedelemos.es/gl/novas/2026/resumo-alegacions-presentadas-proxecto-ponte-ferro-malecon

🎓 O CONCELLO DE MONFORTE ABRE A CONVOCATORIA DE AXUDAS AO TRANSPORTE PARA ESTUDANTES DO CURSO 2026/2027🗣️ O Alcalde de M...
13/10/2026

🎓 O CONCELLO DE MONFORTE ABRE A CONVOCATORIA DE AXUDAS AO TRANSPORTE PARA ESTUDANTES DO CURSO 2026/2027

🗣️ O Alcalde de Monforte, José Tomé, anuncia a apertura dunha nova convocatoria de axudas que destina un total de 25.000 euros a apoiar os desprazamentos do alumnado universitario, de Formación Profesional e de Bacharelato que cursa estudios fóra de Monforte e que cumpra os requisitos establecidos nas bases.

"O noso compromiso coas políticas sociais é firme, e neste caso, somos conscientes das necesidades que os nosos estudantes teñen á hora de desprazarse fora dos seus fogares e da súa cidade”, afirma o rexedor.

💶 Axudas de entre 200 e 600 euros, en función da renda per cápita e da situación laboral da unidade familiar.

📅 Prazo de solicitude: do 14 ao 30 de outubro de 2026.

📌 Poderá beneficiarse o alumnado empadroado en Monforte que teña que desprazarse fóra do municipio para cursar os seus estudos, segundo as condicións da convocatoria.

👉 Máis información e impresos na web municipal:
https://www.monfortedelemos.es/gl/novas/2026/apertura-convocatoria-axudas-transporte-alumnado-universitario-bacharelato-ciclos-formativos-monforte

O Alcalde José Tomé Roca participou este luns en Monforte na celebración da Festividade da Virxe do Pilar, patroa da Gar...
12/10/2026

O Alcalde José Tomé Roca participou este luns en Monforte na celebración da Festividade da Virxe do Pilar, patroa da Garda Civil 🇪🇸

📍 O rexedor acudiu a estes actos acompañado pola Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e outros membros do Equipo e Gobero e da Corporación Municipal. Tamén asistiron o Inspector Xefe da Policía Local, Miguel Martínez, e o Xefe de Bombeiros e Protección Civil, Tomás Losada, entre outros.

🙌🏻 O acto solemne tivo lugar na Igrexa da Estación e foi presidido pola Capitana da Garda Civil en Monforte, María José Moreno López, que trala celebración do oficio relixioso, tomou a palabra para agradecer a asistencia de autoridades e efectivos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e, especialmente, a colaboración permanente do Concello de Monforte, e do seu Alcalde, coa Garda Civil.

O acto na Igrexa da Estación finalizou cunha ofrenda floral aos caídos. Posteriormente, a comitiva trasladouse ao Club Fluvial, onde tivo lugar a degustación dun aperitivo.

👉 https://www.monfortedelemos.es/gl/novas/2026/alcalde-participa-monforte-actos-dia-pilar-patroa-garda-civil

O Alcalde José Tomé Roca participou este luns en Monforte na celebración da Festividade da Virxe do Pilar, patroa da Gar...
12/10/2026

O Alcalde José Tomé Roca participou este luns en Monforte na celebración da Festividade da Virxe do Pilar, patroa da Garda Civil 🇪🇸

📍 O rexedor acudiu a estes actos acompañado pola Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e outros membros do Equipo e Gobero e da Corporación Municipal. Tamén asistiron o Inspector Xefe da Policía Local, Miguel Martínez, e o Xefe de Bombeiros e Protección Civil, Tomás Losada, entre outros.

🙌🏻 O acto solemne tivo lugar na Igrexa da Estación e foi presidido pola Capitana da Garda Civil en Monforte, María José Moreno López, que trala celebración do oficio relixioso, tomou a palabra para agradecer a asistencia de autoridades e efectivos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e, especialmente, a colaboración permanente do Concello de Monforte, e do seu Alcalde, coa Garda Civil.

O acto na Igrexa da Estación finalizou cunha ofrenda floral aos caídos. Posteriormente, a comitiva trasladouse ao Club Fluvial, onde tivo lugar a degustación dun aperitivo.

Dirección

Campo De Santo Antonio S/n
Monforte De Lemos
27400

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Monforte de Lemos publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir