Caixa Rural Galega

Cómo llegar Página web

Caixa Rural Galega Páxina oficial de Caixa Rural Galega. Información sobre os nosos servizos e actividades.

🌾​ CAIXA RURAL GALEGA 🌾​
www.caixaruralgalega.gal

Entidade de natureza cooperativa vinculada ao territorio e que promove unha banca de proximidade, moderna, innovadora e dinámica.

✅​ Vocación de servizo
✅​ Natureza cooperativa e confederada
✅​ A fortaleza do local
✅​ Compromiso con Galicia

👍​ Síguenos en Facebook, Instagram e Linkedin.

🔎 Consulta as normas da comunidade aquí: https://cutt.ly/JwbVDB2C

🏃 Viveiro convértese esta fin de semana na capital do atletismo!📅O s días 17 e 18 de outubro, a I Milla Internacional do...
16/10/2026

🏃 Viveiro convértese esta fin de semana na capital do atletismo!

📅O s días 17 e 18 de outubro, a I Milla Internacional do Cantábrico reunirá máis de 500 atletas nunha cita que combina deporte, competición e participación para todos os públicos.

👉 Atletismo de elite nacional e internacional, coa presenza de figuras destacadas como Adrián Ben.
👉 Carreiras populares e probas para a cativada.
👉 Deporte inclusivo e unha fin de semana para g***r do atletismo en todas as súas formas.

💼 Unha iniciativa promovida polo Concello de Viveiro e o CD CAMOVI, co apoio da Deputación de Lugo, que sitúa a Mariña como referente do deporte e contribúe a impulsar o territorio a través da actividade deportiva.
Vémonos en Viveiro!

📸

🤓 Máis do 60 % do persoal de Caixa Rural Galega son mulleres. Un dato que reflicte unha realidade e un compromiso 💚Na en...
15/10/2026

🤓 Máis do 60 % do persoal de Caixa Rural Galega son mulleres. Un dato que reflicte unha realidade e un compromiso 💚

Na entrevista publicada en La Voz de Galicia, o noso director comercial, José Manuel López Marcos, destaca o papel esencial da muller no presente e no futuro do rural galego e do sector agrogandeiro 🌿

En Caixa Rural Galega cremos nun modelo de banca de proximidade que medra xunto ao territorio, apoiando ás persoas, ás explotacións e ás empresas, sen perder a nosa esencia cooperativa 👥

A presenza feminina é cada vez maior no sector primario, na titularidade das explotacións e tamén nos postos de responsabilidade. Un avance que contribúe á transformación, á innovación e ao desenvolvemento do rural 🚜

Seguimos comprometidos coas persoas, co relevo xeracional e cun rural vivo, con oportunidades para as novas xeracións e igualdade de oportunidades para todas.

Porque o futuro do rural constrúese entre todos e todas 🔗 Bótalle unha ollada en https://bit.ly/4ewJbss

🌱 O rural galego ten nome de muller, talento e futuro 💚Desde Caixa Rural Galega, participamos no foro «Mulleres Rurais: ...
15/10/2026

🌱 O rural galego ten nome de muller, talento e futuro 💚

Desde Caixa Rural Galega, participamos no foro «Mulleres Rurais: motor de innovación e futuro», organizado por La Voz de Galicia , en colaboración co Concello de Lugo e Caixa Rural Galega, un espazo para poñer en valor o papel das mulleres no desenvolvemento, a innovación e o futuro do rural.

Na mesa redonda participou María del Carmen López, membro do Consello Reitor de Caixa Rural Galega, compartindo a súa visión sobre os retos e as oportunidades do rural galego.

🎥 Podedes ver o vídeo do foro e 📖 ler o monográfico especial polo Día Internacional da Muller Rural nas nosas historias.

📸 La Voz de Galicia

👩 Mulleres que sementan, que coidan, que emprenden. Mulleres que fan rural 🌿📅 O 15 de outubro celebramos o Día da Muller...
15/10/2026

👩 Mulleres que sementan, que coidan, que emprenden. Mulleres que fan rural 🌿

📅 O 15 de outubro celebramos o Día da Muller Rural recoñecendo a todas as mulleres que, co seu traballo e compromiso, dan vida aos nosos pobos e constrúen o futuro da nosa terra.

💪 Por elas. Polo rural. Por Galicia.

💸 Aforrar non ten por que ser complexo.Cada persoa organiza as súas finanzas dun xeito diferente, e por iso non existe u...
12/10/2026

💸 Aforrar non ten por que ser complexo.

Cada persoa organiza as súas finanzas dun xeito diferente, e por iso non existe un único método para conseguir os teus obxectivos de aforro 💰

👉 Neste carrusel compartimos 4 métodos de aforro que poden axudarche a crear un hábito e a xestionar mellor o teu diñeiro. O importante non é escoller o máis popular, senón o que mellor se adapte as túas necesidades.

🧐 Cal destes métodos xa coñecías? Hai algún que poñas en práctica? Cóntanolo nos comentarios.

👋 Novo día, novo reto!A ver quen acerta onde estamos esta vez… 📍Deixámosvos unha pequena pista 👀💚 “Forza”… soa de algo? ...
08/10/2026

👋 Novo día, novo reto!

A ver quen acerta onde estamos esta vez… 📍

Deixámosvos unha pequena pista 👀
💚 “Forza”… soa de algo? Unha cidade moi deportiva...

🗣 Deixade a vosa resposta nos comentarios.

🐙 Se hai algo que sabe ben en Lugo é o San Froilán.👥 Os encontros de sempre, as rúas cheas, a música, a comida e esas ga...
05/10/2026

🐙 Se hai algo que sabe ben en Lugo é o San Froilán.

👥 Os encontros de sempre, as rúas cheas, a música, a comida e esas ganas de saír e g***r do noso outubro.

Porque o San Froilán é moito máis ca unha festa. É unha parte de Lugo que se vive, se comparte e se leva con orgullo ❤️

Feliz San Froilán! 🥳

📢 Aviso importante en Allariz! 📢📍 A nosa oficina de Allariz permanecerá pechada temporalmente por obras de mellora do 5 ...
02/10/2026

📢 Aviso importante en Allariz! 📢

📍 A nosa oficina de Allariz permanecerá pechada temporalmente por obras de mellora do 5 ao 16 de outubro, ambos os dous incluídos.

📆 Durante este período, o servizo de caixeiro automático seguirá funcionando con normalidade. Ademais, poderedes contactar cos compañeiros e compañeiras da oficina polas canles habituais.

💚 Lamentamos as molestias e agradecemos a vosa comprensión. Estas melloras axudaranos a seguir ofrecéndovos o servizo que merecedes.

🚀 A tecnoloxía evoluciona, pero hai algo que permanece: o noso compromiso coa seguridade e coa proximidade.🎤 Jaime López...
02/10/2026

🚀 A tecnoloxía evoluciona, pero hai algo que permanece: o noso compromiso coa seguridade e coa proximidade.

🎤 Jaime López, director de Sistemas de Caixa Rural Galega, repasa case catro décadas de transformación tecnolóxica na entidade, desde os primeiros servidores ata a intelixencia artificial, destacando un reto que hoxe é prioritario: a ciberseguridade.

💼 Traballamos cada día para protexer a información dos nosos clientes, incorporar solucións innovadoras e seguir ofrecendo un servizo próximo, seguro e de confianza en todo o territorio.

📸 La Voz de Galicia
🔗 https://bit.ly/4z4YpwM

📆 A partir de hoxe, 1 de outubro comeza o horario de inverno nas nosas oficinas.👉Desde esa data e ata o 31 de maio, aten...
01/10/2026

📆 A partir de hoxe, 1 de outubro comeza o horario de inverno nas nosas oficinas.

👉Desde esa data e ata o 31 de maio, atenderémoste de luns a venres en horario de:

🕛 De luns a venres de 08:30 a 14:00 h, e os xoves tamén de 17:15 a 19:15 h (excepto vísperas de festivos)

🔍 Consulta o horario da túa oficina habitual na nosa web ou achégate a visitarnos.

Dirección

Montero Ríos, 24-26
Lugo
27002

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Caixa Rural Galega publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir