INAE - Asesores Empresariales

INAE - Asesores Empresariales Estamos especializados en asesorar empresas en todos los ámbitos: fiscal, laboral, contabilidad,...

28/12/2023
17/07/2023

DOG de hoxe luns, 17 de xullo de 2023

💯AXUDAS!!! PARA INICIATIVAS DE EMPRENDEMENTO de persoas traballadoras autónomas e pequenas e medianas empresas
↘️na data de presentación de solicitude de axuda non poderán ter máis de 42 meses de antigüidade desde a data de constitución ou alta, así como a data de inicio da súa actividade económica, en Galicia .
↘️Convócanse dous programas de axudas:
⏩Programa I — Emprendemento Plus Investimento: destinado a apoiar a continuidade e a consolidación de iniciativas de emprendemento de persoas autónomas e pemes mediante o apoio de investimentos realizados nas iniciativas obxecto da axuda.
⏩Programa II — Emprendemento Plus Emprego: programa orientado á consolidación do emprego por parte de autónomos e pequenas empresas de nova creación para promover a contratación de persoas desempregadas.
A finalidade deste programa é xerar emprego estable para a persoas desempregadas, mediante unhas liñas de incentivos á contratación por conta allea, e que inclúe dúas modalidades de axudas:
1. Incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.
2. Incentivos á contratación de fixos descontinuos, para contratos de duración dun mínimo de 9 meses e a xornada completa.
✍️Observacións:
📌Estes dous programas (investimento e emprego) obxecto da convocatoria, son compatibles entre si, pero para optar ao Programa II será necesario solicitar a axuda ao investimento establecida no Programa I
📌Para poder optar ao Programa I non é necesario solicitar o Programa II .

📝Actividades as que están destinadas:
1. Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais.
2. Transformación e/ou comercialización de produtos.
3. Prestación de servizos a empresas en calquera sector (agricultura, silvicultura, sector industrial e de servizos…).
4. Prestación de servizos sociais (gardarías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas escola…).
5. Actividades de ocio, recreativas, deportivas.
6. Artesanía e actividades artesanais.
7. Actividades baseadas nas TIC, innovación tecnolóxica e comercio electrónico.
8. Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial, contabilidade, veterinaria e formación.
9. Comercio polo miúdo de produtos.
10. Sector hostalaría: exclusivamente dirixido á creación de novos hoteis e restaurantes situados en construcións patrimoniais singulares (pazos, muíños, patrimonio industrial, pallozas, faros…) que fagan uso do produto de proximidade co obxectivo de desenvolver propostas de valor arredor de recursos naturais, patrimoniais, culturais e turísticos.

✔️Beneficiarios:
 As persoas traballadoras autónomas
 As sociedades mercantís
 As sociedades cooperativas e laborais
 As empresas de inserción
 Os centros especiais de emprego
 Entidades sen personalidade xurídica tales como comunidades de bens, sociedades civís, etc..

⛔️Non se considerarán persoas emprendedoras:
i) As persoas físicas con relación a aquelas actividades que se leven a cabo no ámbito de dirección e organización doutra persoa física ou xurídica; singularmente, as denominadas persoas traballadoras autónomas dependentes (…).
ii) As persoas físicas cuxa actividade económica se leva a cabo a través dunha sociedade patrimonial.
iii) As persoas físicas cuxa actividade se limita pura e simplemente á mera tenza de capital ou ao desempeño do cargo de conselleiro/a ou membro dos órganos de administración nas empresas que revistan a forma xurídica de sociedade.
iv) As persoas físicas ou as persoas xurídicas en que algún/algunha dos/das seus/súas socios/as se encontre inhabilitado/a, en España ou no estranxeiro (...)
v) No caso de sociedades unipersoais ou persoas autónomas, non poderán ser consideradas emprendedoras as persoas que teñan a condición de socio ou socia único/a noutra empresa unipersoal ou que leven dados de alta no réxime de persoas autónomas máis de corenta e dous meses.
vi) As persoas físicas ou as persoas xurídicas mentres desenvolvan actividades relacionadas coa actividade bancaria, seguros e fondos de pensións, e aquelas que afecten a seguridade nacional.

⛔️Tampoudo se concederán axudas ás pequenas e medianas empresas que desenvolvan as seguintes actividades:
i) A fabricación de armamento, armas e municións.
ii) Os xogos de azar coas instalacións conexas.
iii) A transformación ou distribución de tabaco.
iv) As actividades de venda e/ou alugamento de inmobles.

📍Conceptos subvencionables e contías:
👉Programa I — Emprendemento Plus Investimento: os investimentos que correspondan de xeito indubidable á iniciativa de emprendemento, que se clasifican en:
• Custos directos: determinados con base no seu custo real
• Custos indirectos: determinados mediante un método de custo simplificado consistente nun tipo fixo dos permitidos no artigo 54 RDC.
En concreto:
 Equipamento informático: que posibiliten unha maior eficiencia no procesamento, almacenamento e visualización da información (tabletas, ordenadores persoais de sobremesa, ordenadores portátiles ou similares, equipamentos de rede, servidores, equipamentos para conexión á internet, escáneres e similares).
En ningún caso se consideran subvencionables os teléfonos móbiles e smartphones.
 Adquisición de bens de equipamento e mobiliario: maquinaria, bens de equipo ou ferramentas mediante as cales se mellore o proceso produtivo. Así coma equipos e medios de transporte interno que se destinen ao traslado de persoal, animais, materiais, mercadorías dentro de factorías, talleres etc... (sen saír ao exterior). Medios de protección do ambiente e outros bens de equipo incluído mobiliario, conxunto de mobles que serven para a actividade normal da empresa, como mesas, cadeiras, andeis, mostradores e vitrinas.
En ningún caso se consideran subvencionables os vehículos, naves, aeronaves e similares, constitúan ou non a actividade empresarial propia do solicitante.
Exclúese a adquisición de bens e servizos que poidan ser considerados como mercadoría pola cal a empresa obteña beneficios segundo a súa actividade, así como bens ou mobiliario suntuario ou de luxo.
 Reforma e habilitación das instalacións do local do negocio: obras que consisten normalmente en reparacións, decoracións ou ornatos (incluída a rotulación) que non modifican a estrutura construtiva do local. Enténdese por local do negocio o centro de traballo declarado nos anexos.
Exclúese o domicilio habitual da persoa traballadora autónoma.
 Adquisición de activos pertencentes a un establecemento ou de bens de equipamento de segunda man (...).
 Custos indirectos do proxecto (...).
👉Programa II — Emprendemento Plus Emprego: para que as contratacións sexan subvencionables deberán axustarse aos seguintes requisitos:
• Que o contrato se realice cunha persoa desempregada (inscrita como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego e que careza de ocupación).
• Que as contratacións se realicen dentro do período subvencionable para este Programa II de apoio ao emprego, que comprende, neste caso, desde o 1 de xaneiro de 2024 ata o 31 de outubro de 2024.
✔️Modalidades e requisitos aplicables a cada tipo de axudas:
 Incentivos ás contratacións indefinidas iniciais de persoas desempregadas: os contratos subvencionables deberán ser de duración indefinida e a tempo completo.
Para ser subvencionable a contratación deberá realizarse cunha persoa desempregada.
As contratacións deberán estar comunicadas a través da aplicación contrat@.
 Incentivos á contratación de fixos descontinuos: para contratos de duración dun mínimo de 9 meses e a xornada completa.
✅Contías:
👉Programa I — Emprendemento Plus Investimento: a contía da axuda terá as seguintes porcentaxes de intensidade en función do rango de investimento total realizado, tendo en conta que o investimento mínimo admisible será de 10.000 euros:
Rango de investimento Porcentaxe de
investimento subvencionable
Entre 10.000€ e 30.000€ 60%
Entre 30.001€ e 50.000€ 55%
Entre 50.001€ e 100.000€ 50%
Entre 100.001€ e 200.000€ 45%
👉
Programa II — Emprendemento Plus Emprego:
 As contratacións indefinidas iniciais de persoas desempregadas  6.000€.
 As contratacións de fixos descontinuos: para contratos de duración dun mínimo de 9 meses e a xornada completa  6.000€.

⏳Prazo de presentación de solicitudes:
O prazo para presentar solicitudes de axudas Emprendemento Plus será dun (1) mes contado desde o día seguinte hábil ao da publicación desta resolución no DOG (18.07.2023 – 17.08.2023).

INAE - Asesores Empresariales consúltanos!! Podes pedir cita chamando o 986 78 09 60

12/07/2023

‼️AXUDAS PARA A CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL‼️

Publicación no DOG do martes, 11 de xullo de 2023,

↘️Serán subvencionables as situacións de redución de xornada de traballo para o coidado de fillos/as, no período comprendido entre o 1 de agosto de 2022 e o 31 de xullo de 2023, ambos días incluídos.
Finalidade: a promoción dun reparto equilibrado das tarefas no eido doméstico, reprodutivo, do coidade de fillos/as menores de 3 anos ou menor de 12 anos, no suposto de que padeza unha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33%.

↘️Beneficiarios: as persoas físicas que no período comprendido, entre o 1 de agosto de 2023 e o 31 de xullo de 2023, ambos días incluídos, se acollan á medida de redución da súa xornada de traballo para o coidado dun fillo/a menor de tres anos, ou menor de 12 anos no suposto de que padeza unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33%
↘️Conceptos financiables:
 A redución da xornada de traballo para o coidado dun fillo/a menor de tres anos, incluíndo tamén a modalidade de redución de xornada por coidado dunha filla/o afectada/o por cancro ou por calquera enfermidade grave que non reciba a prestación económica regulada no Real decreto 1148/2011, do 29 de xullo, ou para o coidado dun fillo/a menor de 12 anos no suposto de que padeza unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33%.
 A redución de xornada terá que ser de polo menos o 12,5% da xornada.
 Tamén, poderán acollerse a esta axuda as persoas traballadoras que, cumprindo os requisitos establecidos neste apartado, adopten unha persoa menor ou a teñan en situación de acollemento familiar, en calquera das súas modalidades. Nestes supostos, para ter dereito á axuda non poderán ter transcorrido tres anos desde a data da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial pola cal se constitúe a adopción. En calquera caso, a filla ou fillo por quen se solicita a axuda terá que ser menor de 12 anos.

↘️Observacións:
 O período máximo subvencionable, continuado ou fraccionado, será de oito meses (8) comprendidos entre o 1 de agosto de 2022 e o 31 de xullo de 2023, ambos días incluídos.
 Serán acumulables todos os períodos traballados con redución de xornada que se cumpran os requisitos entre o 1 de agosto de 2022 e o 31 de xullo de 2023, ambos días incluídos, co límite máximo de oito (8) meses.

↘️Contías:
A contía desta axuda determinarase en función da porcentaxe de redución da xornada laboral e da súa duración, en atención ao número de fillas e fillos a cargo da persoa solicitante, de acordo cos seguintes tramos:
a) Redución de xornada sexa de entre o 12,5% e ata o 25% dunha xornada laboral a tempo completo ou período equivalente no caso de xornada a tempo parcial, e a súa duración se estenda á totalidade do período subvencionable (8 meses):
 Cun fillo ou filla a cargo  1.700 euros.
 Con dous fillos ou fillas a cargo  2.000 euros.
 Con tres ou máis fillos ou fillas a cargo  2.300 euros.
b) Redución de xornada sexa superior ao 25% e ata o 37,50% dunha xornada laboral a tempo completo ou período equivalente no caso de xornada a tempo parcial, e a súa duración se estenda á totalidade do período subvencionable (8 meses):
 Cun fillo ou filla a cargo  2.800 euros.
 Con dous fillos ou fillas a cargo  3.100 euros.
 Con tres ou máis fillos ou fillas a cargo  3.400 euros.
c) Redución de xornada sexa superior ao 37,50% dunha xornada laboral a tempo completo ou período equivalente no caso de xornada a tempo parcial, e a súa duración se estenda á totalidade do período subvencionable (8 meses):
 Cun fillo ou filla a cargo  3.100 euros.
 Con dous fillos ou fillas a cargo  3.400 euros.
 Con tres ou máis fillos ou fillas a cargo  3.700 euros.
↘️Observacións:
 Para o cómputo do número de fillos e fillas, teranse en conta unicamente os fillos e fillas menores de 12 anos, nalgún momento do período subvencionable, incluíndo aqueles polos/as que se solicita a redución de xornada.
 A contía da axuda reduciranse proporcionalmente cando o período subvencionable sexa inferior a 8 meses. Para o cálculo da contía da axuda computaranse meses de 30 días.
 Para a asignación do tramo de contía da axuda, de acordo ás súas maiores dificultades para a conciliación e o maior risco de vulnerabilidade, no caso de fillos/as menores de 12 anos con discapacidade dunha porcentaxe igual ou superior ao 33%, estes computaranse aplicando un coeficiente multiplicador de 2. (…) No caso de familias monoparentais contabilizarse a cada fillo/a que conviva coa persoa titular da familia monoparental aplicando un coeficiente multiplicador de 2.

↘️PRAZO para a presentación de solicitudes: o prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG (do 12.07.2023 ao 11.08.2023).

INAE - Asesores Empresariales consúltanos no 986.78.0960

05/07/2023

‼️BONO CONCILIA FAMILIA‼️

📌Concesión de axudas ás familias con nenos e nenas residentes en Galicia de ata doce anos de idade, estes incluídos, para a atención de necesidades de conciliación de carácter puntual ou durante os períodos de vacacións escolares, que teñan lugar entre o 1 de xaneiro e o 8 de setembro de 2023
📌Entenderanse como períodos de vacacións escolares os seguintes:
– Do 1 ao 6 de xaneiro.
– Do 3 ao 10 de abril.
– Do 22 de xuño ao 8 de setembro.
📌As axudas previstas nesta orde tramitaranse de acordo co previsto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dado que polo obxecto e a finalidade das subvencións non será necesaria a comparación e prelación das solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos na convocatoria.

📌Persoas beneficiarias.-

1. Pais/nais e as persoas titoras de nenos e nenas de ata doce anos de idade, estes incluídos, ou as persoas que os/as teñan en situación de acollemento familiar ou garda con fins adoptivos, que residan na Comunidade Autónoma de Galicia e estean nos supostos seguintes:
a) Que o neno ou a nena sexa menor de trece anos no momento en que se produce o suposto para o cal se solicita a axuda.
b) Que ambos os pais/nais, persoas titoras, acolledoras, gardadoras con fins adoptivos, familias monoparentais ou pais/nais con custodia non compartida estean efectivamente traballando, tanto no suposto de solicitudes por enfermidade ou accidente do neno ou nena como por necesidades en períodos de vacacións escolares.
Nos supostos de custodia compartida, este requisito entenderase referido ao tempo en que esta se exerza efectivamente e, nestes casos, cada pai/nai deberá presentar unha solicitude individual.
Accións e gastos subvencionables.-

📌Para ter dereito ás axudas previstas nesta orde as familias deberán acreditar que están nun dos seguintes supostos:
a) Supostos de necesidades puntuais que a seguir se relacionan:
1º. Enfermidade ou accidente do neno ou nena ou da persoa coidadora habitual.
2º. Asistencia da persoa coidadora habitual a entrevistas de traballo ou cursos de formación que impidan a atención do neno ou nena.
3º. Situacións puntuais de carácter laboral da persoa coidadora habitual que impidan a atención do neno ou nena.
4º. Situacións puntuais de coidado de familiares, do neno ou nena ou da persoa coidadora habitual ata o segundo grao de parentesco por consanguinidade ou afinidade, sempre que impidan a atención do neno ou nena por parte da persoa coidadora.
b) Necesidades en períodos de vacacións escolares que se producen cando os centros educativos están pechados por vacacións sempre que ambos os pais/nais, persoas titoras, acolledoras, gardadoras con fins adoptivos, familias monoparentais ou pais/nais con custodia non compartida acrediten que por motivos laborais non poden facerse cargo da atención do neno ou nena.
📌 Poderán ser obxecto de subvención os seguintes gastos derivados dos medios empregados para a atención de nenos e nenas de ata doce anos de idade, estes incluídos, nos supostos previstos no número anterior e realizados dentro do período indicado no artigo 1.1:
1º. Contratación laboral dunha persoa empregada do fogar de forma temporal para o coidado do neno ou nena. Consideraranse tamén as ampliacións horarias de contratos laborais preexistentes que se realicen con esta finalidade no que se refire á dita ampliación.
2º. Contratación de servizos de atención á infancia a domicilio.
3º. Asistencia a servizos de conciliación autorizados pola Consellería de Política Social e Xuventude, en concreto, atención en ludotecas, espazos infantís ou servizos complementarios de atención á infancia previstos na sección quinta do capítulo III do Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia.
4º. Asistencia a campamentos ou outros recursos de conciliación colectivos especificamente organizados por calquera persoa física ou xurídica, pública ou privada, para a atención dos nenos e nenas nos períodos de vacacións escolares.

📌Tipo de axuda e contía.-

1. A axuda consistirá nunha achega que pode acadar ata o 100 % do custo das actuacións previstas no artigo anterior. A contía máxima da axuda será:
a) De 500 euros por unidade familiar no caso de contratación dunha persoa empregada do fogar ou de servizos de atención á infancia a domicilio.
b) De 200 euros por cada neno ou nena no caso de asistencia a servizos de conciliación autorizados pola Consellería de Política Social e Xuventude ou a campamentos ou outros recursos de conciliación colectivos especificamente organizados para a atención dos nenos e nenas nos períodos de vacacións escolares.

📌Prazo de presentación das solicitudes.-
Do 5 de xullo hata o 15 de setembro do 2023

Se precisas máis información contacta con nos INAE - Asesores Empresariales no 986.78.09.60

05/07/2023

‼️ AXUDAS O EMPRENDEMENTO‼️

(Publicadas no DOGA, 05 de xullo de 2023)

⏩AXUDAS DESTINADAS A FACILITAR AS INICIATIVAS DE EMPRENDEMENTO, contribuíndo ao incremento da súa actividade económica, a súa competitividade e, en definitiva, mantendo os empregos de calidade, a través ddo apoio ao financiamento do investimento realizado e pagado entre o 5 de novembro de 2022 e a data da presentación da solicitude.
⏩Beneficiarios:
• As persoas traballadoras autónomas.
• As pequenas e medianas empresas, as cooperativas e sociedades laborais.
• As empresas de inserción e centros especiais de emprego.
Deberán estar dadas de alta e iniciar a súa actividade económica dende o 1 de xaneiro de 2021 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
⏩Requisitos:
a) Ter o domicilio fiscal en Galicia.
b) Figurar inscritas como tales nos correspondentes rexistros administrativos da Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Ter presentado, de ser o caso, as contas anuais do último ano no Rexistro Mercantil ou no Rexistro de Cooperativas, segundo corresponda á súa forma xurídica.
d) Terse constituído ou dado de alta e ter iniciado a súa actividade económica no período que transcorre entre o 1 de xaneiro de 2021 ata a data de presentación da solicitude.
e) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.
f) Estar ao día no pagamento das súas obrigas tributarias e da Seguridade Social para obter subvencións.
g) Non ter sido sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións.
❎ Non poderán ser beneficiarias desta subvención aquelas iniciativas de emprendemento que obtivesen resolución favorable ao abeiro da Orde do 29 de setembro de 2022 (DOG núm. 187, do 30 de setembro).

⏩Conceptos financiables:
Os investimentos que correspondan de xeito indubidable ao proxecto empresarial constituído ou dado de alta, segundo a natureza xurídica da entidade de que se trate, e que teña iniciado a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2021.
En concreto:
• Equipamento informático.
• Activos intanxibles: activos que no teñen unha materialización física ou financeira.
• Investimentos en eficiencia enerxética.
• Adquisición de bens de equipamento e mobiliario.
• Reforma e habilitación das instalacións do local de negocio.
• A adquisición de activos pertencentes a un establecemento ou de bens de equipamento de segunda man serán subvencionables sempre que cumpran os seguintes requisitos:
— Que os activos sexan adquiridos a unha persoa terceira non relacionada coa persoa compradora.
— Que conste unha declaración da persoa vendedora sobre a orixe dos bens e sobre que estes non foron obxecto de ningunha subvención nacional ou comunitaria.
— Que o prezo non sexa superior ao valor do mercado de referencia nin ao custo dos bens novos similares; estes aspectos acreditaranse mediante certificación de taxador/a independente.

⏩Observacións:
👉Cando a persoa emprendedora sexa membro da familia do/da propietario/a inicial ou un/unha empregado/a e se faga cargo da pequena empresa para continuar coa actividade, non se aplicará a condición de que os activos deban ser adquiridos a terceiras persoas non relacionadas coa persoa compradora.
👉A simple adquisición das accións dunha empresa non constituirá un investimento.
👉Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos en propiedade pola persoa beneficiaria e deberán ser adquiridos a terceiros.
👉Admitiranse expresamente, a estes efectos, as reformas de instalacións en inmobles alugados.
👉Os investimentos terán que estar realizados e pagados dentro do prazo de execución, que abrangue desde o 5 de novembro de 2022 ata a data da presentación da solicitude.
👉O investimento en bens inscritibles nun rexistro público terá que ser mantido, vinculado á actividade económica subvencionable, no centro de traballo en Galicia, durante os 5 anos seguintes á data do pagamento final á persoa beneficiaria, e o resto do investimento, durante 2 anos desde a devandita data.
👉O investimento subvencionado poderá ser substituído no caso de obsolescencia, sempre e cando a actividade económica da beneficiaria se manteña en Galicia durante este período. Neste caso, deberá quedar constancia contable e no inventario da empresa da substitución efectuada.
❎Non serán subvencionables o IVE e outros impostos.

💰A CONTIA DA AXUDA terá as seguintes porcentaxes de intensidade en función do rango de investimento total realizado:
Tramo de investimentos ➡️ Contía da axuda
Entre 5.000€ e 10.000€ ➡️ será do 60% do investimento.
Entre 10.001€ e 30.000€ ➡️ será do 50% do investimento.
Entre 30.001€ e 50.000€ ➡️ será do 40% do investimento.
Entre 50.001€ e 100.000€➡️ será do 30% do investimento.

⏳PRAZO presentación de solicitudes:
Do 06 de xullo de 2023 hata o 29 de setembro de 2023, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

En INAE - Asesores Empresariales estamos a vosa disposición para calquer tipo de consulta sobre as mesmas. Chámanos e concerta unha cita 986.78.09.60

14/06/2023

‼️BONO CULTURAL JOVEN 2023 ‼️
Boletín Oficial del Estado de 13/06/2023

➡️Plazo de la solicitud: ABIERTO, 13/06/2023 hasta 30/09/2023

➡️Beneficiarios: Jóvenes que cumplan 18 años en 2023

➡️Cuantía: Importe de 400 euros por persona beneficiaria.

➡️Finalidad: La obtención de la ayuda de 400 euros del programa Bono Cultural Joven, que se abonará en tarjetas prepago personalizadas, para la adquisición de los productos, servicios y actividades culturales de las siguientes categorías y con los límites máximos que se indican: Un máximo de 200 euros para destinarlo a artes en vivo, patrimonio cultural y artes audiovisuales; un máximo de 100 euros para productos culturales en soporte físico, y un máximo de 100 euros para consumo digital o en línea.

➡️Categorías: Cultura e idiomas, Comunicación pública, Deporte, Infancia y juventud, Ferias y congresos, Vivienda e hipotecas, Consumo, Investigación, desarrollo e innovación (I+D+i), Comercio y marketing

➡️Requisitos: Podrán ser beneficiarias las personas jóvenes que cumplan 18 años en 2023 y que posean la nacionalidad española o residencia legal en España. Igualmente beneficiarias podrán ser aquellas personas que sean solicitantes de asilo en España; quienes hayan solicitado protección temporal; y personas extranjeras extuteladas.

Solicítanos más información en INAE - Asesores Empresariales teléfono 986780960

17/03/2023

↘️REFORMA DE LAS PENSIONES

❌PERÍODO DE CÓMPUTO PARA EL CÁLCULO DE LA PENSIÓN❌

▶️Régimen Dual, se aplicará la mas beneficiosa de las dos posibilidades.

▶️Los 29 últimos años, descartando los 24 meses peores (2 años)
▶️El período de cómputo actual, últimos 25 años.
▶️La primera opción (últimos 29 años) se desplegará progresivamente durante 12 años a partir de 2026.

Es decir, hasta 2043 se podrá elegir entre una de las dos opciones.

INAE - Asesores Empresariales



17/03/2023

REFORMA DEL SISTEMA DE PENSIONES

▶️El 16 de marzo de 2023 se aprueba el Real Decreto-Ley sobre modificación del sistema de pensiones.

📌MEDIDAS LABORALES CLAVE DE LA REFORMA DE LAS PENSIONES:

⚠️CUOTA DE SOLIDARIDAD: para los salarios más altos que queden por encima de la base máximo.
Se aplicará gradualmente, partiendo de cuotas del 1% en 2025, hasta alcanzar valores aproximados del 6% en 2045.

⚠️MECANISMO DE EQUIDAD INTERGENERACIONAL (MEI): a partir del 2024 crecerá una décima cada año hasta alcanzar el 1,2 puntos porcentuales en 2029.

⚠️BRECHA DE GÉNERO EN PENSIONES:
-- Se subirá el complemento de brecha en 2024 y 2025 un 10% adicional al ipc.
-- Se mejorará la cobertura de lagunas, con enfoque especial para mujeres. Se cubrirán hasta 5 años de vacío de cotización con el 100% de la base mínima, frente a los 4 actuales. El sexto y el séptimo año sin cotizar se cubrirá con un 80% de la base mínima, frente al 50% actual.

⚠️BECARIOS Y COTIZACIÓN EN SEGURIDAD SOCIAL: se incluye en el sistema de Seguridad Social a los alumnos que realicen prácticas formativas y académicas incluidas en programas de formación, tanto para alumnos universitarios como para alumnos de formación profesional.

Dirección

C/Wenceslao Calvo Garra, N°9. Entreplanta. Lalín
Lalín
36500

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 13:30
16:00 - 19:30
Martes 09:00 - 13:30
16:00 - 19:30
Miércoles 09:00 - 13:30
16:00 - 19:30
Jueves 09:00 - 13:30
16:00 - 19:30
Viernes 08:00 - 15:00

Teléfono

+34986780960

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando INAE - Asesores Empresariales publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a INAE - Asesores Empresariales:

Compartir