Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra Acción Social da Comisión Dereito a unha Vivenda Digna, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra. Contacto: 645 158 113. NON ESTÁS SÓ !! C. Castelao S/N. coop.

O apoio mutuo, a solidariedade e a loita por unha vivenda digna e adecuada, ... a loita contra os abusos bancarios e os especuladores, é o que somos. Stop-Desafiuzamentos de Ferrol Terra (Adherida ás PAHs o 17 de Marzo de 2013), é a Acción Social da Comisión polo Dereito a unha Vivenda Digna, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra. Foi o 15M o que nun principio, co apoio do tecido social de Ferrol

e algún apoio sindical, os que realizaron varias accións anti-desafiuzamentos, logo convocaron mobilizacións e contribuíron á recollida de firmas para a presentación da ILP no Congreso dos Deputados para a modificación da lexislación hipotecaria. O relevo colleuno a 'Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra' en abril de 2012 que a través da Comisión polo Dereito a unha Vivenda Digna impulsou a plataforma 'Stop Desafiuzamentos', en Ferrol Terra. Se no conxunto de Galiza, hai un 20% de vivendas baleiras, en Ferrol e comarca, supera o 30%. Ferrol Terra é unha comarca desafiuzada e en declive económico e social. Polas características propias da comarca o noso traballo social é transversal, defendemos o dereito a unha vivenda digna e adecuada dun xeito integral, é por iso que ao haber no mesmo concello de Ferrol, case 1000 vivendas de propiedade municipal, e outras case 1.500 vivendas sociais do IGVS, loitamos e reclamamos ao Concello e á Xunta que rehabilite as vivendas desocupadas e as entregue ás persoas das listas de espera. E, ao mesmo tempo, libere partidas para emerxencia social. Na Comarca hai miles vivendas sociais. Tamén hai outras tantas que foron propiedade militar, ou de Bazan ou sindicais. Esta foi unha zona onde predominou a vivenda de promoción e propiedade pública, e onde as forzas sociais e sindicais deixamos que se escapara todo este patrimonio que en moitos casos caeron en mans de especuladores que compraron a prezo de saldo e revenderon ás clases populares a prezos moi elevados. A nosa actividade social tamén se desenvolve contra a estafa hipotecaria e os abusos bancarios. Rebelamos-nos contra a grande estafa inmobiliaria. Loitamos contra os lanzamentos e os desafiuzamentos da vivenda habitual, sexa pola estafa hipotecaria ou por non pago de alugueres imposíbeis de abonar. O dereito á vivenda, a pesares de ser un dereito fundamental, foi sistematicamente vulnerado. Son miles as persoas afectadas por un sistema hipotecario inxusto. A loita contra as execucións hipotecarias ás familias na rúa e cunha débeda para toda a vida. A dación en pago coa condonación da débeda e o alugueiro social, son as principais reivindicacións do movimento social por unha vivenda digna e adecuada. O pasado 18 de Marzo de 2014, xuntábamo-nos en Compostela compañeiros e compañeiras dos STOPs e PAHs da Galiza, diferentes plataformas de loita e solidariedade polo dereito a unha vivenda digna e adecuada, un dereito humano fundamental. O motivo da convocatoria era o de facer entrega no rexistro do Parlamento Galego, dunha Iniciativa Lexislativa Popular Galega -ILP, para a paralización de todos os desafiuzamentos e a aplicación efectiva da dación en pago, así como o impulso dunha Lei Galega da Vivenda. Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, fumos unha das plataformas promotoras da citada ILP. Celso Posada e Inácio Martínez foron os dous compañeiros da nosa plataforma que asinaron como promotores da ILP-Galega presentada. Na medida que avanzamos na loita por unha vivenda digna e adecuada, vemos que non só é o problema de non poder facer fronte á hipoteca, ou de non poder pagar un aluguer, para poder acceder a un sitio onde morar, a un teito. A situación de lanzamento ou de desafiuzamento da vivenda habitual, veñen acompañados de situacións críticas a nivel social, desemprego, violencia machista, precariedade, dependencia, recortes sociais, ... É necesaria hoxe máis que nunca unha acción global contra o neoliberalismo criminal que nos rouba dereitos, escraviza, empobrece e mata. A loita por unha vivenda digna e adecuada é unha parte da loita polo bon vivir, pola xustiza, a liberdade e a igualdade. E por iso que Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, sómamo-nos ás Marchas da Dignidade. En Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, organiza-mo-nos en Asemblea e Comisión de Traballo. Todos o venres (excepto festivos) de 5 a 7 da tarde no local de Arméria, na Traseira do Mercado de Caranza (xunto á Tenda de Troco), xuntanza aberta da Comisión de Traballo, e o último venres de mes, asemblea no local de Fuco Buxán A. (na rúa Armada Española, nº32 baixo), tamén en Caranza. Contamos co apoio e asesoramento xurídico de profesionais voluntari@s. Pola experiencia interesante d@s compañeir@s da Coruña, acordamos facer as Consultas Colectivas. Ao constatar que estamos sendo menos activistas e máis xestores administrativos, decidimos abordar o asunto para potenciar a formación e o empoderamento das persoas afectadas, a concienciación e o activismo social como fundamentais. Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra | Está Adherida ás PAHs (17.03.2013) e forma parte da Coordinación Galega de STOPs e PAHs. Persoas de contacto:
Celso 697 29 61 84 | Inácio 645 15 81 13 | Jorge 680 30 00 90 | Lucia 619 44 53 52 | Luis 686 79 20 91 | Manuel 645 14 31 81 | Pablo 659 85 58 05 | Susana 680 92 21 51

Correo-e:
[email protected]

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Páxina no facebook:
Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

Local:
Avda. Local de Arméria Soc. Galega
Traseira do Mercado Municipal de Caranza
1406-Ferrol

||||||||||||||||

05/04/2025
05/04/2025
O Goberno pecha un acordo con Junts para aprobar outro decreto do escudo social que revaloriza as pensións - O PSOE acep...
28/01/2025

O Goberno pecha un acordo con Junts para aprobar outro decreto do escudo social que revaloriza as pensións - O PSOE acepta tramitar a moción de confianza solicitada polos independentistas e o novo texto inclúe as medidas máis relevantes do real decreto como a revalorización das pensións conforme ao IPC e a extensión até metade de ano das bonificacións ao transporte público - Como quedarán as pensións, o transporte e o resto de medidas tras o acordo

https://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com/2025/01/o-goberno-pecha-un-acordo-con-junts.html

|||||||

O Goberno español aproba un novo decreto ómnibus, coa alza das pensións e as axudas ao transporte, tras pactar con Junts...
28/01/2025

O Goberno español aproba un novo decreto ómnibus, coa alza das pensións e as axudas ao transporte, tras pactar con Junts

A norma chega despois de que PSOE e Junts acordasen salvar parte das medidas incluídas no decreto ómnibus, a cambio de que o Congreso tramite a proposición non de lei de Junts que insta o presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, a someterse a unha cuestión de confianza.

https://www.nosdiario.gal/articulo/economia/goberno-espanol-aproba-novo-decreto-omnibus-coa-alza-das-pensions-axudas-ao-transporte-pactar-junts/20250128145345215422.html

|||||||

A norma chega despois de que PSOE e Junts acordasen salvar parte das medidas incluídas no decreto ómnibus, a cambio de que o Congreso tramite a proposición non de lei de Junts que insta o presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, a someterse a unha cuestión de confianza.

“Construír máis pisos non vai funcionar” - Alejandra Jacinto e Jorge Dioni López reflexionan sobre o problema da vivenda...
28/01/2025

“Construír máis pisos non vai funcionar” - Alejandra Jacinto e Jorge Dioni López reflexionan sobre o problema da vivenda nunha xornada de debate organizada polo movemento Hábitat 24. O acto concibiuse como un prólogo á manifestación de Madrid, prevista para o próximo 9 de febreiro.

https://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com/2025/01/construir-mais-pisos-non-vai-funcionar.html

|||||||

De esquerda a dereita, a moderadora do coloquio, Marisa Gil, xunto ao escritor Jorge Dioni López e a avogada Alejandra Jacinto. JACINTO AND...

Non foi validado no Congreso dos Deputados o Decreto Lei que prorrogaba a prohibición dos desafiuzamentos de fogares vul...
28/01/2025

Non foi validado no Congreso dos Deputados o Decreto Lei que prorrogaba a prohibición dos desafiuzamentos de fogares vulnerábeis sen alternativa residencial; a prohibición de cortar as subministracións básicas; a revalorización do IMV e das pensións; a prórroga das axudas ao transporte público e outras medidas de interese social que quedaron derrogadas por mor dos votos en contra do PP, Vox e Junt's

https://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com/2025/01/non-foi-validado-no-congreso-dos.html

|||||||

A nova hoxe sábado, 8 de xuño, en "La Voz de Galicia", por Bea Abelairas.CONCENTRACIÓN DE DENUNCIA CONTRA A ABANCA E O F...
08/06/2024

A nova hoxe sábado, 8 de xuño, en "La Voz de Galicia", por Bea Abelairas.

CONCENTRACIÓN DE DENUNCIA CONTRA A ABANCA E O FONDO VOITRE E EN SOLIDARIEDADE CON FRAN. HOXE SÁBADO, 8 DE XUÑO CONCENTRACIÓN, ÁS 5 DA TARDE NO LUGAR DE MAIOBRE, PARROQUIA DE LUBRE, CONCELLO DE ARES

Conta atrás para un desafiuzamento en Ares: "Non me queren vender a miña casa para evitala, non só quedo na rúa, senón t...
08/06/2024

Conta atrás para un desafiuzamento en Ares: "Non me queren vender a miña casa para evitala, non só quedo na rúa, senón tamén os meus animais"

Por Bea Abelairas - La Voz de Galicia - Ferrol - 8 de xuño de 2024
Foto de Cesar Toimil

Francisco Anido pide apoio á protesta que organiza hoxe en Ares para salvar unha vivenda na que vive cunha vintena de mascotas

Francisco Anido é moi coñecido en Ares porque durante anos rexentaba o chiringuito "O Chamizo da Campa". Desde hai máis de dúas décadas vive nunha casa con máis de vinte animais...

|||||||

Dirección

Rúa Armada Española, 32 Baixo
Ferrol
15406

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra:

Compartir