10/06/2026
🔴 𝐔𝐧𝐡𝐚 𝐚𝐯𝐚𝐫𝐢́𝐚 𝐧𝐨 𝐜𝐨𝐥𝐞𝐜𝐭𝐨𝐫 𝐝𝐞 𝐬𝐚𝐧𝐞𝐚𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐝𝐨 𝐫𝐢́𝐨 𝐂𝐢𝐠𝐮̈𝐞𝐧̃𝐨 𝐨𝐛𝐫𝐢𝐠𝐚 𝐚𝐨 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐚 𝐩𝐫𝐨𝐡𝐢𝐛𝐢𝐫 𝐨 𝐛𝐚𝐧̃𝐨
Unha avaría detectada no colector de saneamento situado no tramo soterrado do río Cigüeño, obrigou ao Concello a prohibir o baño ata novo aviso.
Os técnicos do Consorcio de Augas, en coordinación con Confederación Hidrográfica, están a facer as comprobacións necesarias para determinar o alcance da situación e poder precisar as actuacións a realizar.
Unha vez que se comprobe a situación do colector, o Concello poderá informar do alcance das actuacións que se levarán a cabo.
Debido a que a desembocadura do río Cigüeño está situada á altura da praia fluvial do Malecón do Barco, o baño non está recomendado unicamente augas abaixo da saída do caudal ao río Sil. Ata ter a garantía de que o colector funciona correctamente, non se levantará a prohibición do baño.